Despois de
graduarse na escola de arte da súa cidade natal en 1954, entra a formar parte
do departamento de publicidade da compañía Suntory, unha das máis antigas
distribuidoras de bebidas alcólicas de Xapón. Ryo –así é como asina as súas obras- traballa como editor da revista “Yoshu Mame Tengoku” -algo así como
"un pouco de licor do paraíso"-, que se podía ler normalmente no Bar Torys de
Tokyo e que
tiña un impacto cultural bastante importante naquel momento.
Neste
periodo nace a súa faceta de animador e con ela Uncle Torys, protagonista dos
divertidos anuncios do whisky Suntory. Esta carismática personaxe de nariz puntiagudo pasará a convertirse na
imaxe por exelencia non só da compañía, senón que trascenderá a súa orixe
publicitaria e consolidarase coma icona do período de postguerra en Xapón.
Cara o 1959
Ryohei deixa a Suntory para traballar como artista freelance e un ano máis
tarde funda, xunto o animador Youji
Kuri e o ilustrador Hiroshi Manabe, a Animation Sannin No Kai (“Tres persoas en
animación”). Desta asociación xorde un festival
de animación ó cal aportarán as súas propias experimentacións neste campo.
A partires deste
momento, Ryo plasma sobre papel a súa paixón polos barcos con traballos para a compañía
naval Mitsui O.S.K. Lines. Son numerosísimas as ilustracións que publicitan os
servizos e tipos de navíos da empresa, sempre seguindo o peculiar estilo do
autor. Ademais, Ryohei deseña o caimán que se convertirá en emblema do servizo de colectores das liñas O.S.K. O especial entusiasmo do autor polas embarcacións e a estreita relación coa empresa fai que o nomeen Capitán de Honor no ano 1969 e que aínda hoxe ocupe un lugar destacado na
web da compañía, cun espazo adicado ó “Museo Ryohei Yanagihara“.
Ó longo da súa traxectoria Ryohei tamén realiza
ilustracións e portadas de libros.
Conservador e fiel en canto a estilo, pero dinámico e experimentador en medios, Ryohei Yanagihara consolidouse como unha das figuras máis importantes da animación xaponesa dos 60's.
No hay comentarios:
Publicar un comentario