viernes, 21 de junio de 2013
martes, 18 de junio de 2013
De maior quero ser turista: Maurice Laban
Hoxe inauguramos "De maior quero ser turista", unha sección adicada a postais, carteis ou calquera tipo de ilustración creada para promocionar viaxes ou simplemente amosar ó resto do mundo as particularidades de determinadas cidades ou países.
O invitado de hoxe é Maurice Laban, que realiza en 1959 estas maravillosas ilustracións sobre países europeos nas que representa o traxe tradicional, edificios icónicos ou outros estereotipos asociados a cada rexión.
Unha boa forma de viaxar gratis...
jueves, 6 de junio de 2013
Os soños según Grete Stern
Grete Stern (1904-1999) comezou a súa andaina artística estudiando artes
gráficas en Stuttgart (Alemania). A visita a unha mostra determinou a súa
traxectoria, que a partires deste momento se encamiñou cara a fotografía,
inspirada polos traballos dos americanos Edward Weston e Paul Outerbridge.
Foi
en Berlín onde comezou a dar os primeiros pasos nesta disciplina, grazas ás
leccións privadas impartidas por Walter Peterhans e o estudio de deseño gráfico
e publicidade - Ringl+pit - que creou xunto coa tamén fotógrafa Ellen
Rosenberg. Sería o propio Peterhans o que a animaría a continuar baixo as súas
ensinanzas no taller de fotografía ó seu cargo na Bauhaus en Dessau entre 1930
e 1933.
Estes serán anos clave na vida de Grete Stern, tanto a nivel formativo
como persoal. Neste centro de efervescencia artística empápase de coñecementos
e comeza a relacionarse co fotógrafo arxentino Horacio Coppola, o seu futuro marido e socio.
Xudía e de esquerdas, coa chegada de Hitler ó
poder viuse obrigada a emigrar a Inglaterra ó mesmo tempo que a Bauhaus pechaba
as súas portas. Tras montar un novo estudio, casa en 1935 e viaxa a Arxentina
co seu marido, onde se asentará definitivamente acadando a cidadanía en 1958. Stern
e Coppola traballaron xuntos converténdose en axentes clave no
proceso de modernización das artes visuais neste país.
Na obra de Stern abundan os retratos, así como
imaxes documentais e reportaxes urbanas sobre Bos Aires ou os últimos indíxenas
arxentinos. Sen embargo, especialmente interesante é a súa serie “Sueños”, á que pertencen tódalas imaxes
desta entrada.
“Sueños” son cerca de 150
fotomontaxes realizadas entre 1948 e 1951 e publicadas na revista Idilio, unha popular producción semanal dirixida ó público feminino que destacaba especialmente polo espacio adicado ás fotonovelas, ademais dos artigos relacionados coas tarefas domésticas e cosmética. As obras de Stern acompañaban a modo de ilustración
os textos da sección “El psicoanálisis le ayudará”, onde o sociólogo e director
da revista Gino Germani interpretaba os soños que as lectoras enviaban
á redacción baixo o seudónimo de Richard Rest.
Tomando como
protagonistas a amigos, familiares e veciños e sumando paisaxes e obxectos do
seu arquivo, Grete Stern representou os soños dunhas mulleres reprimidas e
sumisas ante a xerarquía social establecida, dando lugar a un traballo profundamente
crítico sobre os valores dominantes en canto á situación da muller na sociedade arxentina da época. Para facer a súa particular interpretación dos soños, Stern decide que a fotomontaxe é a técnica perfecta para capturar este universo onírico grazas ás súas posibilidades narrativas, dando como resultado unhas imaxes inquedantes e angustiosas que absorben o espírito da vangarda surrealista.
lunes, 20 de mayo de 2013
Os universos ordenados de Charley Harper
"Cando miro a natureza non vexo as plumas nas ás, só contan as ás. Vexo formas interesantes, combinacións de cores, patróns, texturas, comportamentos fascinantes e unha morea de posibilidades para facer debuxos interesantes. Vexo os debuxos sen partes inútiles e aquí radica o atractivo do debuxo: nun mundo de caos o debuxo é un pequeno rectángulo no que o artista pode crear un universo ordenado".
Charley Harper (1922-2007) criouse nunha granxa de Virxinia Occidental, unha zona destacada pola riqueza da súa biodiversidade e as súas marabillosas paisaxes, tanto que popularmente a denominan Almost Heaven (case o ceo). Seguramente alí, rodeado de inmensos bosques poboados de animais naceu o seu amor pola natureza, a grande protagonista das súas obras. Harper abandonou as colinas de Virxinia para estudiar arte na Cincinnati Art Academy, onde coñecería a súa muller e anos máis tarde ensinaría ilustración.
Tralo seu inicial interese polo realismo sinteu que a obsesión por intentar acadar a mímese perfecta e a ilusión da tridimensionalidade non facía máis que restrinxir as posibilidades do debuxo. De seguido deixou de lado esta tendencia para decantarse polo que el mesmo definiría como “realismo minimalista”.
O traballo de Harper caracterízase pola simplificación das formas. Como se tratase de sacar a relucir o que verdadeiramente existe baixo a confusión da superficie, captura a esencia dos seres vivos sen reparar nos detalles, mediante composicións baseadas en formas xeométricas e un código de liñas rectas e curvas. Isto, sumado ó emprego que fai da cor, fai que as súas imaxes sexan delicadas e ó mesmo tempo vibrantes.
O legado de Charley Harper é inmenso. Ó longo da súa carreira ilustrou numerosos libros, traballou no campo da publicidade, colaborou con revistas, deseñou murais, etc.
Entre os títulos ós que puxo imaxes atópanse, por exemplo, "The Giant Golden Book of Biology" (1961) ou "Animal Kingdom" (1968), ambos destinados ó ensino medio. Nestes volumes ilustra temas relacionados con anatomía, xenética, mirobioloxía e, por suposto, centos de animais.
Especialmente significativa é tamén a súa colaboración durante case corenta anos (1948–1982) coa Ford Times, revista mensual producida pola Ford Motor Company entre 1908 e 1996.
Incluíndo evidentemente un espacio de información promocional dos vehículos Ford, reservaba un lugar moi destacado a artigos sobre destinos interesantes dende o punto de vista da práctica deportiva, o ocio ou a historia. O carácter da revista e a longa e estreita relación cos responsables da mesma permitiulle obter outras comisións e experimentar libremente mentres traballaba nunha extensa variedade de temas. O resultado: arredor dun cento de artigos ilustrados e unhas trinta cubertas, ademais da publicación de edicións de serigrafías cos paxaros como protagonistas.

"Algúns queren contar tódalas plumas das ás e outros nunca pensan en contalas, coma min".
miércoles, 15 de mayo de 2013
Érase unha vez...
Érase unha vez Carapuchiña vermella,
Hansel e Gretel, Brancaneves e os sete ananiños, O Lobo e os sete
cabritos e A bela durminte.
Todos coñecemos estes contos principalmente a través da labor que levaron a cabo os irmáns Grimm no século XIX. Recopilaron e adaptaron relatos da tradición oral alemana dulcificando unhas narracións inicialmente destinadas a
un público adulto ata convertelas en contos infantís de final feliz.
Milleiros de edicións ilustradas dan vida a estas historias. Hoxe achegámonos a elas a través dun particular soporte: selos postais alemáns emitidos entre 1960 e 1964.
martes, 7 de mayo de 2013
Yo!Irene
YoIrene colecciona imaxes, libros de gravados e todo tipo de obxectos rescatados de mercados que alimentan a súa inspiración. YoIrene é Irene Rinaldi, unha xoven ilustradora romana (1985).
Dende pequena aproxímase á arte da man do pintor Franco Venanti e de seguido esperta nela a curiosidade polas técnicas tradicionais e manuais. Estudia ilustración no Instituto Europeo de Deseño de Roma e alí comeza a interesarse especialmente polo mundo do gravado.
No ano 2008 funda con outras catro artistas o colectivo Arturo, un estudio creativo que se ocupa de ilustración, deseño gráfico e gravado tanto para o mundo editorial, como para eventos culturais, deseño web, etc. Durante esta etapa, que se prolonga ata que decide abandonar o grupo no ano 2012, desenrola a súa paixón pola incisión, que se convertirá no seu principal medio de expresión. A partires deste momento concéntrase nas técnicas tipográficas e de gravado, combinando os traballos como ilustradora freelance nos máis diversos ámbitos -editoría, web, publicidade, moda- con pequenas autoedicións de estampas e libros.
Aínda que en ocasións se decanta polo uso de lapis e as tintas, a técnica principal nos seus traballos é o gravado sobre linóleo. Tamén coñecido como linogravado, trátase dunha técnica de estampado en relevo variante da xilografía. A prancha traballase con gubias ou coitelas de modo que as zonas incisas permanecerán brancas e serán as zonas altas as que virán impresas tralo paso polo tórculo, dando como resultado pezas de fortes contrastes. A artista destaca deste medio a relación tan directa e física coa obra, froito dun método de traballo instintivo baseado no xesto.
Como exemplo desta forza expresiva rematamos con "Marinade" (2012), un pequeno libro totalmente feito a man que resume perfectamente o modus operandi de YoIrene.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)